ACUSACIÓN DO FISCAL
O 8 de marzo de
1853 o fiscal presenta a súa acusación. Solicita pena de morte en garrote coas
costas e gastos do xuízo, tendo presente o disposto no número primeiro e
circunstancias primeira e cuarta do artigo 333, e na segunda parte do artigo 70
do Código Penal vixente.
A DEFENSA
O 11 de marzo de
1853 léselle a acusación fiscal ao condenado no xulgado de Allariz. Ao non
nomear avogado nin procurador, ao día seguinte nomease de oficio como avogado a
Mariano Garrán e como procurador a Manuel María García. Ao ser considerado
pobre decídese sexa defendido no papel da súa clase ao non ter fondos para
asumir os gastos de papel e demais gastos de defensa.
O 23 de marzo
pídeselle a defensa que devolva a causa (máis de mil cen folios) ao xulgado. O
avogado defensor pide máis tempo xa que considera que os nove días dos que
dispuxo a documentación non foran suficientes para un caso tan complexo.
Concédenselle catro días máis.
Será o 29 de
marzo cando o avogado defensor, Mariano Garrán, presente o escrito de defensa.
Irá facendo alegacións a todas as acusacións. En relación aos asasinatos
conclúe que foron aumentando as acusacións en base a rumores, o que fixo que
cada vez foise maior a lenda en relación ao seu acusado. Por outra parte o
feito de que non apareceran os cadáveres considera que é proba suficiente para
non poder inculpalo, podendo ser múltiples as posibilidades arredor da desaparición
de todas esas persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario