“O que vostede,
doutor Philips, denomina monomanía licantrópica, os doutores da ciencia médica
que interviñeron no caso que nos ocupa considérano como distorsión da
personalidade, así como alucinacións recorrentes e finxidas a través das cales
o acusado quixo facer un circunloquio eximente da culpa.
Até o momento non se retractou ou mudou a súa
versión, e este tribunal ditará xusta sentenza e con toda a forza da Lei. Os
seus servizos, doutor Philips, son totalmente inútiles nun caso onde se asume a
culpabilidade e mesmo se manifesta e reitera con egocéntrica minuciosidade. O
reo non actuou guiado de man de ninguén, non foi coaccionado nin levado a ser
lobo; o propio reo foi lobo durante eses doce anos de crimes confesados. A
totalidade do seu relato ocúpaa o lobo.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario