“Para ocupar o seu
tempo pediu la grosa e roca de fiar, agullas para afeltrar, unha touca coa que
cubrir a cabeza. Puxéronlle diante un rosario de doas de pau de rosa, sabendo a
Oficialía do teimoso que era en rezar, pero el estendeu os dedos e nin o rozou,
como se estivese feito coas espiñas. Escolleu a roca, como a nena do conto. A porta
da súa cela estaba aberta para que saíse unha hora ao día, pero non o facía,
molestábanlle o sol cru e a música das voces rebotando contra os muros.
Anoxábano a xente, os ruídos, os cheiros.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario