Mr. Philips
manifestaba ser profesor da Universidade de Arxel, e ter sabido do caso de
Romasanta pola prensa madrileña, coñecedor
e practicante da “electrobioloxía”, coñecida actualmente como
hipnotismo. Parece tratarse de Joseph-Pierre Durand de Gros (1826-1900), médico
francés estudoso do hipnotismo, exiliado por motivos políticos en Gran Bretaña
e que tras regresar a Francia empregou este pseudónimo. Míster Philips,
mediante o cónsul de España en Arxel, manda unha carta ao ministro de Graza e
Xustiza na que analiza os lobishomes desde a electrobioloxía. A carta data do 3
de xullo de 1853, e nela fala de que o condenado poida padecer unha especie de
monomanía chamada “licantropía”. Adxunta varias sinaturas das testemuñas que
asistiron o 22 de xuño pasado no teatro de Arxel a unha sesión na que facía que
unha persoa normal actuase baixo a “influencia dos instintos irresistibles dun
lobo”. Polo tanto, segundo o doutor, todos somos susceptibles de experimentar a
influencia da electrobioloxía. Mr. Philips pretendía demostrar a existencia do
proceso contrario ao que el sometía ao público nos seus espectáculos. Demostrar
que había persoas que sufrían ese proceso froito da monomanía que padecían sen
necesidade de que interviñera un mediador.
No xornal Akhbar recóllese
toda a información sobre o caso Romasanta, tomado directamente dun xornal da
Coruña, ademais do espectáculo de Mr. Philips (nº 1822/1826).
Exemplar do xornal Akhbar.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario