Nada máis se
soubo da súa vida nin da súa morte ata fai ben pouco. Moitas foron as
especulacións durante anos: José Domínguez fala da posibilidade de que morrera
en Celanova, seguindo ao historiador Alfredo Cid Rumbao; versións populares
falaban de que fora asasinado por un garda nas montañas, tratando de comprobar
se era verdade a transformación en lobo, e probando de paso a ver se as balas
non lles facían dano, Risco recolle esta opción; outras versións orais, como a
transmitida por Bernardino Coello falan de que escapou ou foi liberado vivindo
nunha aldea cerca de Allariz durante moitos anos, deixando incluso
descendencia; Nicanor Romasanta Villar di que o seu avó Julio Villar, de Esgos,
contaba que morrera aforcado nun gran carballo que hai en Santa Baia de Esgos,
onde naceu unha mandrágora, a herba dos aforcados en múltiples crenzas
europeas, xa que nacía aos pés dos patíbulos onde caían os ouriños e o seme das
últimas convulsións; outras versións máis recentes, froito de simples
especulacións televisivas, eran que podía ter marchado a América, ou rematar os
seus días nun manicomio francés baixo as investigacións de Mr. Philips; o mesmo
premio Nobel Camilo José Cela fala na súa novela “Mazurca para dos muertos” que
morreu ao pouco tempo nun cárcere, sen especificar, e que todos os 29 de
febreiro, ata a guerra civil,
ofrecíanlle unha misa na capela de San Verísimo de Espiñeiros en
Allariz; non faltan as versións máis románticas do caso, que sosteñen que o
Tendeiro aínda segue libre polos montes da serra de San Mamede convertido nun canis lupus.
Pero as recentes
investigacións veñen demostrar que todas eran erróneas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario