sábado, 31 de agosto de 2019

Allariz (V)


O 6 de outubro de 1852 a sala terceira da Audiencia da Coruña, con autoridade sobre os xulgados das catro provincias galegas, decide unificar o proceso en Allariz, para evitar rivalidades entre os distintos xuíces e posibles retrasos na instrución da causa. Elíxese a vila alaricana por ser a pertencente ao lugar de nacemento do acusado e da maior parte das vítimas.

Ao día seguinte, 7 de outubro, envían ao reo de Verín a Allariz, custodiado pola garda civil. Permanecerá moi vixiado no cárcere da vila, situado nun dos extremos do piso baixo da casa do concello.

No cárcere de Allariz, según conta Vicente Risco a partir de testemuñas orais, o Canicha entretiña o tempo fiando, vestido cunha muradana e coa cabeza cuberta cun pano, que accedía a erguer por unha moeda de dous cartos e mostraba o rostro aos curiosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario