sábado, 28 de septiembre de 2019

A Coruña (X)


Cabe a posibilidade de que pouco despois o Canicha se atopase no cárcere de Celanova, un edificio construído en 1851, por orde da raíña Isabel II. Podería ter sido vontade da propia raíña este último traslado á provincia de Ourense. Lembrar que primeiro se trasladara de Verín a Allariz polo desenvolvemento do proceso xudicial, e logo a Ourense para garantir a súa seguridade.

Debido a que a Real Orde da raíña deixara suspensa a execución, mentres ela non ordenara o contrario,  en caso de que esta fose a resolución final da sentenza, o Tendeiro continuo no cárcere da Coruña, polo menos ata 1855 –como se recolle na documentación da causa que se atopa no Arquivo do Reino de Galicia-. E aí se perdeu a súa pista. En cantos aos posibles estudos do doutor Philips, a Audiencia da Coruña argumentaba que xa non se facían necesarias novas investigacións nin máis experimentos xa que a información que obraba na causa era suficiente. Polo que aí rematou esa opción, e Mr. Philips nunca chegou a desprazarse a Galicia a tomar contacto co “lobishome”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario