miércoles, 4 de septiembre de 2019

Allariz (VI)


O 10 de outubro o xuíz de Allariz solicita aos de Verín e Trives lle remitan os expedientes do caso.

O 28 de outubro o xuíz de Allariz solicita un informe sobre a situación mental de Romasanta a seis facultativos: José Lorenzo Suárez, Vicente María Feijóo, Demetrio Aldemira, Manuel María Cid e os cirurxiáns Manuel Bouzas e Manuel González. O informe será remitido o 26 de decembro dese 1852.

 O informe non axudou nada tecnicamente, aínda que si sería moi criticado posteriormente, ao trasladar o caso A Coruña, xa que se considerou moi subxectivo e nada científico.

Informe dos facultativos.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

Unha vez comprobado que o preso carece de bens e propiedades o xuíz de Allariz dispón que os gastos do proceso corran a cargo do fondo de presos pobres.

Este caso, só no proceso xudicial de Allariz,  supuxo uns gastos elevados, que ascenderon a 12.580 reais. Foi tanta a expectación do caso que por aqueles días pola vila de Allariz non deixaba de circular xente de todo tipo e de múltiples lugares. Foi tal a fama do caso que a partir de aí estendeuse o nome de “el hombre lobo de Allariz” para referirse a Manuel Blanco Romasanta, nome que aínda é o máis estendido nos nosos días, especialmente fóra de Galicia.

Múltiples serán os aspectos que se irán abordando ao longo do proceso xudicial, moitos deles xa desde o inicio:
·         os casos previos de Manuel Ferreiro e do alguacil de León
·         os encubridores
·         a procura das mulleres ou dos cadáveres
·         a procura das roupas e o diñeiro das desaparecidas
·         as cartas
·         os posibles cómplices, don Genaro e Antonio
·         o comercio de unto con Portugal
·         o ataque de lobos, ou lobishomes a persoas
·         o estado mental do reo

No hay comentarios:

Publicar un comentario