“A raíña le os
xornais como o faría calquera rei soberano, cunha copiña de licor e un bo
cigarro, chucha o dedo corazón e solta un xuramento a quen sabe que non pode
oíla: cona bendita, un home lobo asasino e sacamanteigas polos montes de
Galiza! E esa noite, na súa sesión de espiritismo dos xoves, preguntará collida
da man esquerda á mademoiselle de Rapeneau e da dereita a míster Archibald Von
Tribolm onde están e como se chaman as nove almiñas mortas. E todo será
silencio.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario