O 3 de febreiro
de 1853 o xuíz remata as investigacións e dille os cargos a Manuel Blanco
Romasanta:
1. Acusado de matar con aleivosía e premeditación a Manuela García, a súa
filla Petra e a María Rúa no monte da Redondela; a Benita García e ao seu fillo
Francisco no Corgo do Boi; a José Pazos e a súa nai Josefa García, a Antonia
Rúa e a súa filla Peregrina no bosque das Gorvias, todos lugares na Serra de
San Mamede.
2. Acusado de aproveitarse dos bens, roupas e cartos das vítimas.
3. Acusado de valerse dun certificado falso para solicitar pasaporte cunha
identidade falsa, Antón Gómez, e de ocultar o verdadeiro nome ante o alcalde de
Nombela e ante o xuíz de Escalona.
4. Acusado como sospeitoso de asasinar a Manuel Ferreiro, veciño de Xinzo
da Costa, cando ían xuntos cara Portugal, e de volver despois a súa casa para
beneficiarse da súa roupa.
5. Acusado de intento de asasinar a María García, a Luís García e a Manuel
Fernández, alias “Surtú”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario