miércoles, 25 de septiembre de 2019

A Coruña (VIII)




Tres días despois, o 20 de maio, publícase a sentenza definitiva. Nesta ocasión os maxistrados da Coruña rectificaron a súa propia sentenza e confirmaron a condena a morte polos nove homicidios nos mesmos termos que recollía a primeira sentenza de Allariz. Aínda que a favor da pena capital só votaron tres dos cinco maxistrados: Monteverde, de la Sota e Mata Alvarado, que xa participara na sentenza anterior, aínda que daquela optara pola cadea perpetúa.



 Sentenza definitiva da Coruña.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

O 7 de xullo de 1854 a Audiencia da Coruña comunica a sentenza definitiva ao xuíz de Allariz e ordénalle que dispoña o traslado do condenado ao presidio da Coruña.  O 17 de xullo desde Allariz comunican a sentenza ao gobernador de Ourense. Non se recibe resposta, polo que o 28 de agosto comunícase novamente. O 18 de setembro o gobernador dáse por informado.

O 7 de outubro o director do presidio da Coruña comunícalle ao gobernador civil de Ourense que o Tendeiro xa ingresou no cárcere coruñés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario