lunes, 4 de enero de 2021

Vilar dos Bós

"Pode estar ledo o Vilar dos Bós. No libro de Silvio Santiago tremelocen, e se ensarillan, os máis belidos temas folklóricos. Nacen, bulen, cánganse as vidas; as facianas apenas albiscadas, alternan coas onde as arroiadas e as raxeiras de vida non deixaron seixo da ialma sin maquiar; recanto ceibe dos seus lumes, a língoa zoa, brúa, cala, alporízase, cantiga, decrara amor ou espalla pecado en falas persoales, non prestadas; as cousas sofren ou disfroitan, chegan, pousan, vanse os camiños; todo conforme se inza o senso e interpretación do mundo, cos seus aitores, os seus coros, os seus medos e silencios, no esprito dun rapaz, do que quixo ser rapaz calquera, o bon millor do Vilar dos Bós."

Ramón Otero Pedrayo, no "Prólogo" de Villardevós de Silvio Santiago.  Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páxs. 12-13.

No hay comentarios:

Publicar un comentario