"Á esquerda, ollando pra a carretera, unha ringleira de casiñas brancas quécense ao sol. Son as casas de Bemposta. Á dereita ondean unhas lombiñas traballadas. Ao frente hai unha serra. Cara a serra imos nós.
Pola serra adiante da Bemposta, ao longo da estrada, fican case escondidos os lugares de Osoño, Hospital, Devesa e a Flaira. Terras que chaman da Encomenda porque en tempos pertenceron á Encomenda de San Juan de Quiroga. (...) Perto de Osoño está a Trepa, concello de Riós, onde se deu unha batalla famosa. Hai quen di que non foi na Trepa senón en Feilas, hoxe de Vilardebós, onde aconteceu o combate. Estes dous pobos -a Trepa e Feilas- están cerca un do outro. Hasta 1833 Vilardebós pertenceu á xuridisción do Riós. Só é municipio dende entón acá."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 26.
No hay comentarios:
Publicar un comentario