"Pero o curioso é -e atopámonos de novo co misterio- que ninguén se lembra en Vilardebós destes dous casos. (...)
Chegamos agora á ponte do cementerio. A fins do vrao por esta ponte pasa un regueiro que se morre de sede. (...)
As xentes tremen de medo ao pasar de noite por esta ponte cara as terras do Formigueiro. Din que é pola prousimidade do cementerio, a vinte metros da ponte, anque do cementerio nunca saíron fantasmas nin señas do outro mundo. (...) Entre os mozos de Vilardebós téñense feito apostas a que naide ten coraxe de entrar no camposanto á meia noite."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 39.
No hay comentarios:
Publicar un comentario