"Unha madrugada de lúa chea, un veciño de Vilardebós chamado Manolo Gómez, erguéuse cedo pra ir a Verín. Non tiña outro remedio que pasar por este souto. Enganado pola lúa, parecéulle que estaba a romper o día. Non tiña reló. Montóu no burro, e toca pra a vila. Xa na carretera decatóuse que inda non amencía. Ao chegar a San Roque, dixo coma si falara co burro:
-Estamos perto do souto, e o día non ven. ¿Qué facemos?"
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 29.
No hay comentarios:
Publicar un comentario