viernes, 29 de enero de 2021

Moi lentecidos

 "Aos cen metros do cementerio, carretera acima, está mesmo a entrada de Vilardebós. Á mao dereita ao longo destes cen metros hai unha cemba, e no cabo da cemba, vense unhos palleiros que afeian a entrada do pobo. Á mao esquerda hai nabás, chopos e prados de sega, moi verdes, moi lentecidos. (...)

 Sempre voltaba de noite a Vilardebós, das once en diante. Non sentía medo nin aos lobos nin aos homes, e andaba solo polas serras e polos camiños."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 41-42.

No hay comentarios:

Publicar un comentario