domingo, 24 de enero de 2021

Velahí, tremelucente

 "Suposto primeiro. Primavera, mes de maio, maña cedo. (...) Sinfonía en gama de verdes cingue as moradías de Vilardebós.

 Tras do pobo, sube a serra; tras da serra sube o sol. Ceio azul, fondo e nidio. Tan fondo e nidio, que mesmo se ve a transparencia da Groria, o espectro do Paradiso.

 Nesta mañá primaveral, velehí Vilardebós posto ao sol, ao verde e ao azul, tremelucente aos pes da serra."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 34-35.

No hay comentarios:

Publicar un comentario