martes, 26 de enero de 2021

Velehí a fumegar

 "Mais o pobo, ¿ónde el está? Non se ve unha morada, unha parede, un tellado. ¿Qué acontece no lugar?¿Ónde está Vilardebós? ¿Qué foi del? Só se adiviña na fumareda imensa que o mergulla, que o envolve; unha fumareda inqueda, que se mexe a tombos, que reventa de abaixo a cima, polo meio e polas bandas, amasándose, arboreándose, esborrallándose sobre sí mesma. Loitando por desprendérese da terra coma un grolo cautivo que quixera soerguerse coa aldeia pendurada.

 Niste mes de Nadal, nunha mañá de matanzas, velehí Vilardebós a fumegar os chourizos."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 36.

No hay comentarios:

Publicar un comentario