"Pero esta vila é unha aldeia. Ferro Couselo, que sabe cousas novas de custiós vellas, conta que este lugar foi terra de privilexios. No século XVI gobernaban o termo dous señoríos: o Conde de Monterrei e o Prior do Monasterio de Santa María de Xunqueira de Ambía; pero os seus vasallos podían elexir a vontade a cal dos dous querían servir. (...) Coidamos que aqueles homes, despóis de todo, eran privilexiados pola razón mesma de que podían elexir amo: pior sería ter que servir a un e non poder escoller outro, como acontez tantas veces."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páxs. 23-24.
No hay comentarios:
Publicar un comentario