"Os homes, pois, de Vilardebós podían elexir; e facían a escolleita queimando un facho de pallas ás portas do señor preferido. Deste xeito ficaba espresada a súa incrinación por calquera dos dous señoríos. Esto é coase todo canto sei da historia anterga de Vilardebós. Pouca cousa, pero linda."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 24.
No hay comentarios:
Publicar un comentario