sábado, 23 de enero de 2021

De súpeto

 "Dende eiquí, Vilardebós amóstrase de súpeto, moi apañado, sobor dun outeiro moi desvaído, cáseque chairo. As paredes escuras, as tellas pardas; alá e acolá, as paredes craras, os tellados roxos. Ben fitado, Vilardebós é branco e negro, cal taboleiro de xadrez con pezas cinsa-viño. Vilardebós, pois, é preto, albeiro, corado e grisento. Do meio do pobo, despunta o probe campanario coma un vello pendón en procesión de tellados. Pero Vilardebós non é o pobo; Vilardebós é o sitio e a súa colocación na paisaxe."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 34.

No hay comentarios:

Publicar un comentario