"Non se ve a ninguén. Palique tirado ao ar, lonxano, invisível, misterioso, de val a monte, que nos chega limpo, craro, parabólico, polas ondas cristaíñas do silencio azul-dourado. Na serra estoura un tiro de espingarda. O disparo matóu o palique misterioso. Todo ficóu máis mudo, máis calmo, máis quedo.
Neste meiodía de vrao, velehí Vilardebós a escintilar nun fanal de silencio azul e branco, dourado e verde."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 35-36.
No hay comentarios:
Publicar un comentario