"Cando se coidaba que o Santo estaba a cuberto de impiedás, aparecéu o tolo de Trasiglesias, forzóu a porta da capela e metéuse dentro. Sacóu o Santo pra a carretera e montóuselle enriba pra que o levara a Vilardebós.
-¡Anda, San Roque, lévame a cabalo!-dicíalle. (...)
Deste xeito, botóuno ás costas, e estrada adiante chegóu á ponte do cementerio, á entrada de Vilardebós, co Santo Mocho das dúas maos. Alí descéu ao Santo, e montóu enriba del outra vez.
-¡Anda, mono, lévame agora! Camiña.
O Santo non camiñaba.
-¡Ah, non queres! ¡Pois tócate o nabo!
E tirou co Santo da ponte embaixo."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 33.
No hay comentarios:
Publicar un comentario