"Na caseta esborrallada hoxe que alá se ve, acostumaba a dormir don Caseano polo tempo das vendimias. Dormía so, porque non era home de medos. Unha noite, a meianoite, deitado na cama, don Caseano estaba a ler o xornal á luz dunha vela. O xornal era "O Miño", de Ourense. Estando mergullado na leitura, un sopro apagóulle a vela."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 37.
No hay comentarios:
Publicar un comentario