"Nestas condicións, é natural que este libro -volvo a dicir- non teña mérito pra ninguén, a non ser pra min, que me foi saíndo con amor, fervor e entoación crecentes; e a non ser tamén pra Vilardebós, posto que del se trata. Esto siñifica, que a pesares dos seus defeutos e da súa cativa ou ningunha trascendencia, estóu cheo de ledicia por telo escrito. Vilardebós merecía un homenaxe; e a falta de outro millor, eiquí está o meu, inda que seia por carambola.
Porque eu dígovos que Vilardebós é unha aldeia esceucional, non seu xenio e na súa figura. Máis no seu xenio que na súa figura. Esta aldeia pequena, descoñecida e isolada foi e é patria de galegos esgrevios; foi e é lugar de costumes, tipos e historias que merecen ser apreixadas nas páxinas dun libro.
Pena é que o libro non tuvera mellor redactor.
Abril de 1960."
Silvio Santiago. "Razón e condición deste libro" de Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páxs. 21-22.
No hay comentarios:
Publicar un comentario