"Seguindo o noso andar, a carretera atravesa agora unha aldeia nomeada Trasiglesias. Eiquí atopóuse anos atrás unha tumba romá. As beiras da estrada só hai media ducia de casas. (...)
Carretera acima, a un kilómetro desta aldeia, á mao esquerdaq, nun altiño, está Santa María. Boa igrexa e poucos veciños. (...) Chamábase don Joaquín. Animoso pra as festas, el mesmo botaba os foguetes o día da romería. Era valente, liberalote e bo veciño. Hoxe vive nunha parroquia perto de Ourense, vello e queixoso de doenzas."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 28.
No hay comentarios:
Publicar un comentario