domingo, 31 de enero de 2021

Ráchase en dúas

 "Eiquí, a estrada pola que viñemos ráchase en dúas. Unha tira pra diante e outra torce á dereita, apreixando o pobo no meio coma unhas tenazas. Si nos botamos pra diante, imos ter a Fonte de abaixo e o Toural, e si continuamos até o fin iremos dar ao Riós ou ás Ventas da Barreira a empatar coa carretera de Zamora. Si collemos  pola dereita sin deternos en Vilardebós, imos ter a fronteira portuguesa, ou perto dela, a empatar no seu día coa estrada de Braganza. Cando se faga o empate, aforraranse 96 kilómetros no traieuto de Ourense a Madrid, indo por Salamanca e pasando por eiquí. Os portugueses veñen traballando a todo meter na súa carretera. Os españoles, nin xiquera arranxan a que está feita.

Pois ben. Entre a estrada que vai pra diante e a que torce á dereita, fendendo o pobo pola mitade, de abaixo a cima, atopámonos coa rúa principal de Vilardebós."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 46.

Nós nº4


Revista Nós, nº 4, 31 de xaneiro de 1920.      Leer en .pdf     Leer en .epub