lunes, 30 de septiembre de 2019

Murió de la tristeza


“Los lobos aguantan mal el cautiverio y Manuel Blanco Romasanta, al año de estar cautivo, murió de la tristeza que ocasiona la falta de libertad, hay personas que son muy sensibles al encierro y reaccionan hasta con la muerte, a los gorriones también les pasa. En la parroquia de San Verísimo de Espiñeiros, en Allariz, se estuvo diciendo una misa por el alma del hombre lobo todos los 29 de febrero, o sea en cada año bisiesto, hasta que se perdió la costumbre con la guerra civil. La campana de San Verísimo de Espiñeiros es tan noble y agradecida que toca a gloria cuando le da el sol, la gente que no lo sabe se confunde.”

Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Pág. 91.

domingo, 29 de septiembre de 2019

Nada máis se soubo da súa vida


Nada máis se soubo da súa vida nin da súa morte ata fai ben pouco. Moitas foron as especulacións durante anos: José Domínguez fala da posibilidade de que morrera en Celanova, seguindo ao historiador Alfredo Cid Rumbao; versións populares falaban de que fora asasinado por un garda nas montañas, tratando de comprobar se era verdade a transformación en lobo, e probando de paso a ver se as balas non lles facían dano, Risco recolle esta opción; outras versións orais, como a transmitida por Bernardino Coello falan de que escapou ou foi liberado vivindo nunha aldea cerca de Allariz durante moitos anos, deixando incluso descendencia; Nicanor Romasanta Villar di que o seu avó Julio Villar, de Esgos, contaba que morrera aforcado nun gran carballo que hai en Santa Baia de Esgos, onde naceu unha mandrágora, a herba dos aforcados en múltiples crenzas europeas, xa que nacía aos pés dos patíbulos onde caían os ouriños e o seme das últimas convulsións; outras versións máis recentes, froito de simples especulacións televisivas, eran que podía ter marchado a América, ou rematar os seus días nun manicomio francés baixo as investigacións de Mr. Philips; o mesmo premio Nobel Camilo José Cela fala na súa novela “Mazurca para dos muertos” que morreu ao pouco tempo nun cárcere, sen especificar, e que todos os 29 de febreiro, ata a guerra civil,  ofrecíanlle unha misa na capela de San Verísimo de Espiñeiros en Allariz; non faltan as versións máis románticas do caso, que sosteñen que o Tendeiro aínda segue libre polos montes da serra de San Mamede convertido nun canis lupus.

Pero as recentes investigacións veñen demostrar que todas eran erróneas.

sábado, 28 de septiembre de 2019

A Coruña (X)


Cabe a posibilidade de que pouco despois o Canicha se atopase no cárcere de Celanova, un edificio construído en 1851, por orde da raíña Isabel II. Podería ter sido vontade da propia raíña este último traslado á provincia de Ourense. Lembrar que primeiro se trasladara de Verín a Allariz polo desenvolvemento do proceso xudicial, e logo a Ourense para garantir a súa seguridade.

Debido a que a Real Orde da raíña deixara suspensa a execución, mentres ela non ordenara o contrario,  en caso de que esta fose a resolución final da sentenza, o Tendeiro continuo no cárcere da Coruña, polo menos ata 1855 –como se recolle na documentación da causa que se atopa no Arquivo do Reino de Galicia-. E aí se perdeu a súa pista. En cantos aos posibles estudos do doutor Philips, a Audiencia da Coruña argumentaba que xa non se facían necesarias novas investigacións nin máis experimentos xa que a información que obraba na causa era suficiente. Polo que aí rematou esa opción, e Mr. Philips nunca chegou a desprazarse a Galicia a tomar contacto co “lobishome”.

viernes, 27 de septiembre de 2019

A Coruña (IX)


O 15 de decembro péchase o proceso co cálculo dos gastos. Os gastos máis elevados son de papel e escribáns e andan sobre 12.000 reais. Ademais compútanse 800 reais máis do avogado defensor de Allariz Mariano Garrán e os 60.000 de Antonio Rúa, avogado defensor da Coruña.


 Custo do xuízo.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 


O 30 de decembro o escribán de Allariz certifica que Manuel Blanco Romasanta non posúe propiedade algunha polo que nada se lle pode embargar coa finalidade de cubrir as costas do xuízo.

O 5 de abril de 1855 aínda seguía no cárcere da Coruña, tal e como se recolle no seguinte documento.

Presidio da Coruña.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

jueves, 26 de septiembre de 2019

Febre e delirios

“A pasada noite, primeira desde o seu ingreso neste cárcere, o preso Manuel Blanco presentou indicios de febre e delirios, inquietude e o que poderían ser remorsos ou pesadelos. Entre a vixilia e o sono berrou e chamou por nomes de muller que poderían ser os das súas vítimas ou das súas familiares, sen ser ningún certamente recoñecible. En ningún momento quixo tocar nin deitarse sobre o xergón que se dispuxo para o seu descanso. Ficou engruñado nun recanto, coa cara agochada entre os brazos e inmóbil e só ao ir entrando a noite tomou posición de durmir, pero ao minuto envorcallouse polo chan e fixo acenos de querer arrincar a roupa e ficar espido.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 101

miércoles, 25 de septiembre de 2019

A Coruña (VIII)




Tres días despois, o 20 de maio, publícase a sentenza definitiva. Nesta ocasión os maxistrados da Coruña rectificaron a súa propia sentenza e confirmaron a condena a morte polos nove homicidios nos mesmos termos que recollía a primeira sentenza de Allariz. Aínda que a favor da pena capital só votaron tres dos cinco maxistrados: Monteverde, de la Sota e Mata Alvarado, que xa participara na sentenza anterior, aínda que daquela optara pola cadea perpetúa.



 Sentenza definitiva da Coruña.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

O 7 de xullo de 1854 a Audiencia da Coruña comunica a sentenza definitiva ao xuíz de Allariz e ordénalle que dispoña o traslado do condenado ao presidio da Coruña.  O 17 de xullo desde Allariz comunican a sentenza ao gobernador de Ourense. Non se recibe resposta, polo que o 28 de agosto comunícase novamente. O 18 de setembro o gobernador dáse por informado.

O 7 de outubro o director do presidio da Coruña comunícalle ao gobernador civil de Ourense que o Tendeiro xa ingresou no cárcere coruñés.

martes, 24 de septiembre de 2019

Unha copiña de licor e un bo cigarro

“A raíña le os xornais como o faría calquera rei soberano, cunha copiña de licor e un bo cigarro, chucha o dedo corazón e solta un xuramento a quen sabe que non pode oíla: cona bendita, un home lobo asasino e sacamanteigas polos montes de Galiza! E esa noite, na súa sesión de espiritismo dos xoves, preguntará collida da man esquerda á mademoiselle de Rapeneau e da dereita a míster Archibald Von Tribolm onde están e como se chaman as nove almiñas mortas. E todo será silencio.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 95

lunes, 23 de septiembre de 2019

Se a súa mercé o estimase procedente

“Así mesmo, a raíña fai constar o seu desexo de conmutar a pena de morte pola cadea perpetua para que desta maneira freemos a inminencia da desaparición de todos os suxeitos deste caso e fagamos as probas de míster Philips se a súa mercé o estimase procedente.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 93

domingo, 22 de septiembre de 2019

A Coruña (VII)


A segunda vista celébrase en marzo de 1854. Os días 27 e 28 o fiscal exporá de novo os feitos; e os días 29 e 31 será de novo a quenda do avogado defensor. No tribunal só repite un dos maxistrados da vista anterior, Juan de Mata Alvarado. Os outros son: Elogio González Lago, Facundo Valdés Hebia, Francisco Monteverde e Félix de la Sota. Por estas datas o condenado atópase xa no cárcere de Ourense, aínda que non sabemos exactamente en que momento foi trasladado desde Allariz.

Esta nova sentenza debía ser emitida antes do 21 de abril, pero como pasado ese día non había noticia algunha, o avogado defensor, Manuel Rúa, ante as sospeitas de que fose moi negativa para o seu defendido decide recorrer á raíña Isabel II para que o caso fose revisado polo Tribunal Supremo de Xustiza ou ben lle otorgue a graza do indulto. Ao avogado defensor de Romasanta xa so lle restaba apurar esta última opción recorrendo á súa Maxestade, que tiña entre as súas prerrogativas rexias o indulto, ou dereito de graza. (O indulto real non cuestionaba a resolución xudicial, simplemente, en casos concretos tiña en conta certas circunstancias recorrentes que non podían ser tidas en conta pola xustiza, e que buscaban un resultado máis equitativo e xusto en certas ocasións.) E efectivamente, a raíña conmutaríalle ao preso a pena de morte pola inmediatamente inferior: a cadea perpetua, segundo consta na Real Orde ditada en maio de 1854. Exactamente, o 17 de maio, chega o indulto real á Audiencia da Coruña, que fora concedido por Real Orde de 15/5/1854.


 Indulto da Raíña Isabel II.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

sábado, 21 de septiembre de 2019

A Coruña (VI)


O 4 de outubro o avogado defensor presenta escrito no que valora a intervención da raíña Isabel II e a oferta de Mr. Philips de intervir no caso, polo que solicita que procesado e causa sexan remitidos á Academia de Ciencias Médica e Cirúrxica de Madrid para que informen ao tribunal co seu bo saber e a súa experiencia.  O tribunal non acepta a solicitude, aínda que algo influirá sobre a sentenza.

O 9 de novembro de 1853 a Audiencia da Coruña dita unha segunda sentenza que rectifica a do Xulgado de Allariz, condenando ao preso, non a pena de morte, senón a cadea perpetua, e non polos nove homicidios, senón pola detención ilegal e desaparición das nove persoas. Evidentemente os argumentos da defensa, a carta de Mr. Philips e a intervención da raíña inflúen na resolución final. O Tribunal estaba composto por Pedro Pascasio Valdés, como presidente, e Antonio Rodríguez Roca, Félix Eremchum, Eusebio Morales Puigdeban e Juan de Mata Alvarado.

Ante tal resolución o fiscal Luciano de la Bastida interpuxo recurso o 14 de novembro.

viernes, 20 de septiembre de 2019

Monomanía licantrópica

“O que vostede, doutor Philips, denomina monomanía licantrópica, os doutores da ciencia médica que interviñeron no caso que nos ocupa considérano como distorsión da personalidade, así como alucinacións recorrentes e finxidas a través das cales o acusado quixo facer un circunloquio eximente da culpa.

  Até o momento non se retractou ou mudou a súa versión, e este tribunal ditará xusta sentenza e con toda a forza da Lei. Os seus servizos, doutor Philips, son totalmente inútiles nun caso onde se asume a culpabilidade e mesmo se manifesta e reitera con egocéntrica minuciosidade. O reo non actuou guiado de man de ninguén, non foi coaccionado nin levado a ser lobo; o propio reo foi lobo durante eses doce anos de crimes confesados. A totalidade do seu relato ocúpaa o lobo.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 96-97

jueves, 19 de septiembre de 2019

A Coruña (V)


O 7 de agosto El Faro Nacional, xornal madrileño, comenta a irrupción no caso de Mr. Philips “profesor de electrobioloxía, quen dá ás persoas os instintos e paixóns dos animais”.

O 19 de setembro o fiscal, Luciano da Bastida, presenta un escrito no que rexeita a utilidade dos documentos de Mr. Philips alegando que as novidades científicas son para os científicos non para os xulgados, e que Romasanta non está acusado por matar transformado en lobo, senón simplemente por matar a nove persoas baixo a súa propia aparencia. Ademais defende o nivel da ciencia médica en España descartando a posibilidade de que teñan que vir do estranxeiro a aportar nada novo.


 Rexeitamento do fiscal a Mr Philips.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

miércoles, 18 de septiembre de 2019

El médico chino escribió una carta

“El cabo Doroteo, además de recitar poesías, toca el arpa, los valses son las piezas que mejor se le dan. A Manuel Blanco Romasanta, el sacaúntos que se convertía en lobo y mataba a la gente a bocados, lo libró de morir en garrote el médico chino, que no era ni médico ni chino sino hipnotizador e inglés, se llamaba Mr. Philips y estaba de profesor de electrobiología en Argel; el médico chino escribió una carta que armó gran revuelo al ministro de justicia español y la reina doña Isabel II, al enterarse de los avances de la ciencia, indultó al reo.”

Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Págs. 90-91.

martes, 17 de septiembre de 2019

A Coruña (IV)


Mr. Philips manifestaba ser profesor da Universidade de Arxel, e ter sabido do caso de Romasanta pola prensa madrileña, coñecedor  e practicante da “electrobioloxía”, coñecida actualmente como hipnotismo. Parece tratarse de Joseph-Pierre Durand de Gros (1826-1900), médico francés estudoso do hipnotismo, exiliado por motivos políticos en Gran Bretaña e que tras regresar a Francia empregou este pseudónimo. Míster Philips, mediante o cónsul de España en Arxel, manda unha carta ao ministro de Graza e Xustiza na que analiza os lobishomes desde a electrobioloxía. A carta data do 3 de xullo de 1853, e nela fala de que o condenado poida padecer unha especie de monomanía chamada “licantropía”. Adxunta varias sinaturas das testemuñas que asistiron o 22 de xuño pasado no teatro de Arxel a unha sesión na que facía que unha persoa normal actuase baixo a “influencia dos instintos irresistibles dun lobo”. Polo tanto, segundo o doutor, todos somos susceptibles de experimentar a influencia da electrobioloxía. Mr. Philips pretendía demostrar a existencia do proceso contrario ao que el sometía ao público nos seus espectáculos. Demostrar que había persoas que sufrían ese proceso froito da monomanía que padecían sen necesidade de que interviñera un mediador.  No xornal Akhbar recóllese toda a información sobre o caso Romasanta, tomado directamente dun xornal da Coruña, ademais do espectáculo de Mr. Philips (nº 1822/1826).



 Exemplar do xornal Akhbar.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 


lunes, 16 de septiembre de 2019

Eminente cidadán francés

“Señoría, desde a Gobernación e a través do ministro de Graza e Xustiza e recomendado pola Súa Maxestade, fannos chegar unha carta peticionaria dun tal doutor Philips.

 Investigadas as fontes que dan credibilidade á súa figura, resulta ser este doutor Philips un eminente cidadán francés que tivo coñecemento do caso que nos ocupa polos diarios, que xa no resto de países se fan eco das nosas eivas sociais, e expresa que quere poñer a disposición da defensa deste Manuel Blanco Romasanta os seus métodos científicos de vangarda, que non deixan de ser unha sorte de mesmerismo ao que el bautizou como “electrobioloxía” ou, que é o mesmo, unha pseudociencia.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 92

domingo, 15 de septiembre de 2019

A Coruña (III)


O goberno da raíña Isabel II, mediante Real Orde do 24 de xullo de 1853,  remite á Audiencia da Coruña unha carta e uns documentos recibidos polo Ministro de Xustiza e enviados por un tal Mr. Philips, quen solicitaba se lle permitira examinar en persoa a Romasanta, pois esperaba demostrar, mediante procedemento de hipnose, que padecía unha monomanía (obsesión por unha determinada idea de xeito recorrente), recomendando sexa estudada toda esta documentación antes de emitir sentenza, xa que os estudos deste home pode influír no veredicto, e aportar novas visións á ciencia.


 Carta de Mr Philips.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

sábado, 14 de septiembre de 2019

El hombre, el medio y el momento propicio

“Manuel Rúa Figueroa, en su amplio alegato, considera puntos importantes en su defensa el extravío mental, la inclinación hacia el crimen, la figurada transformación impulsada por el vértigo, la defectuosa convivencia familiar, la rudeza de un ambiente pernicioso, una grave carencia de moral, la valoración de una oscura afección cerebral, y la falta de una absoluta frontera divisoria separadora de locos y cuerdos. Por tanto, habríamos de considerar al hombre, el medio y el momento propicio al desarrollo de sus desviaciones.”

Eduardo Pérez Hervada. El hombre-lobo. Ed. Celta, 1973, páx. 50-51

viernes, 13 de septiembre de 2019

Solaz mortífero dos labrego

“O avogado defensor culpa da imaxinaria mutación en lobo ás crenzas vulgares, sostidas por mil e mil consellas e alimentadas polos romances, solaz mortífero dos labregos nas longas veladas de inverno. “Teño na man – e móstrallos ao tribunal- dous deses romances, que quizáis influiron no ánimo de Manuel Blanco, e teño tamén o que relata o seu propio caso. Esas historias, unidas á ignorancia e á miseria, alteraron sen dúbida a súa imaxinación, producindo esas ilusións que lle fan verse executor involuntario de terríbeis asasinatos. Cre real canto leu ou canto lle pasa pola imaxinación. É un caso –explica o avogado- do que os médicos chaman síndrome sintomatolóxica.””

Xose Ramón Mariño Ferro. Manuel@ Branco Romasanta. O lobishome asasino. páx. 127.

jueves, 12 de septiembre de 2019

A Coruña (II)


O 17 de xuño o fiscal entrega o escrito de acusación, no que rebate os argumentos do avogado defensor de Allariz. O 8 de xullo presenta o seu informe o avogado defensor.

Entre o 11 e o 13 de xullo celébrase a vista oral con gran concorrencia de público, tal e como informa o xornal madrileño “El Faro Nacional” do 21 de xullo. Manuel Rúa Figueroa le o seu informe no que eloxia o traballo do avogado defensor de Allariz, e destaca que o  procesado é unha vítima da opinión pública quen o condenou desde o principio, e que a ausencia dos corpos do delito ou a imposibilidade de demostrar que as supostas mulleres asasinadas sufriran morte violenta non sustentan a culpabilidade. Alude ao feito de que en moitas cidades de España existen múltiples mulleres sen empadroar. O fiscal cre que o acusado matou polos cartos e as roupas das vítimas. Manuel Rúa insiste nos problemas mentais do seu defendido, que o levou a asumir como vítimas dos seus asasinatos a catro persoas que todo apunta foron realmente devoradas por lobos. O feito de non terse atopado ningún cadáver foi máis contundente que a propia confesión do acusado. O fiscal está convencido de que a historia da “fada” que o transformou en lobo non é máis que unha andrómena para facerse pasar por tolo. O avogado defensor non cre que sexa un farsante senón un enfermo.


Resumindo, o fiscal, apoiado nas declaracións das testemuñas e no informe dos médicos, ve en Romasanta un criminal astuto que finxe estar chalado para librarse da pena de morte; mentres que o avogado defensor non dubida de que padece un trastorno grave e complexo, no que se mesturan a verdade e a mentira, e que require o ditame de facultativos afeitos a tratar tolos.

miércoles, 11 de septiembre de 2019

Lo que no existe

“Me he ocupado en el dia último de la declaracion de los facultativos de Allariz; y he hecho ver en mi humilde sentir que su resultado es insostenible en el terreno de la ciencia; que sus consecuencias están en abierta contradiccion con sus antecedentes; y que la infalibilidad con que trató de revestirse esa elucubracion erudita, es altamente ridícula. Creo haber probado que el buen sentido y la sola razon basta para persuadir que el acusado es víctima de una desorganizacion mental, que no pudo hasta ahora ser recta y desapasionadamente apreciada.

 La defensa, empero, de este desgraciado no estriba solo, Señor, en su estado de estravío: á Manuel Blanco se le acusa de lo que no existe; los crímenes porque se le hace cargo y de que él voluntariamente se presenta reo son imaginarios; su confesion no puede darles existencia; y sin hecho punible, es un contrasentido la pena. (...) En esta causa, ¿aparece justificado el cuerpo del delito?; ó lo que es igual, ¿constan que hayan muerto violentamente las personas que se suponen asesinadas? Esta pregunta es la que el Tribunal ha de resolver en su conciencia, antes de tomar la pluma para decidir de la suerte del acusado.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 176 da Reseña.

martes, 10 de septiembre de 2019

A Coruña (I)

A sentenza do Xulgado de Allariz tiña que ser elevada a consulta ante a Audiencia da Coruña para ver se ratificaba ou rectificaba a condena a morte do preso como autor de nove homicidios.

O 7 de maio de 1853 entra a consulta a sentenza na Audiencia da Coruña.


                                                 Allariz remite a causa a Coruña.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

A defensa procesal de Romasanta foi dirixida polo letrado Manuel Rúa Figueroa y Fraga, quen anos despois de rematar o proceso elaboraría e publicaría unha ilustrativa “Reseña” de toda a causa. Da acusación encargarase o fiscal Luciano da Bastida.


                          Retrato de Manuel Rúa Figueroa, pintado por Dioniso Fierro.

Fonte: A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 28.

Rúa Figueroa naceu en Compostela o 8 de marzo de 1811, estivo casado con Juan Porto-Mondragón, e faleceu na mesma cidade en xullo de 1892.

lunes, 9 de septiembre de 2019

Fallo:

“Fallo: que declarando á Manuel Blanco Romasanta (a) Tendero, reo de los nueve homicidios que forman el primer cargo, con las circunstancias de haber sido ejecutadas las muertes con alevosía y premeditacion conocida y como tal comprendido en el artículo 333 del Código penal, con las agravantes de haber sido ejecutadas las muertes en despoblado y haber intervenido abuso de confianza, comprendidas en los números 9 y 15 artículo 10 de dicho Código, le debía de condenar y condeno á la pena de muerte en garrote con imposicion de costas y gastos del juicio, absolviéndole de la instancia respecto de los demás cargos que se le hicieron.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 45 da Reseña.

domingo, 8 de septiembre de 2019

Allariz (IX): a sentenza


O 6 de abril de 1853 publícase a sentenza. É declarado culpable dos nove homicidios que forman o primeiro cargo coas circunstancias de executar as mortes con aleivosía e premeditación coñecida, e como tal comprendido no artigo 333 do Código Penal, coas agravantes de executar as mortes en despoboado e intervir abuso de confianza, comprendidas nos números 9 e 15 artigo 10 do devandito código, e condenado a pena de morte con garrote con imposición de costas e gastos do xuízo, absolvéndoo da instancia respecto dos demais cargos que se lle fixeron.


 Sentenza do Xulgado de Allariz.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

O Código Penal de 1848 recollía como primeira das penas “aflitivas” a de morte e acto seguido a de cadea perpetua, reclusión perpetua... e dispoñía que aquela se executaría en “garrote sobre tablado”,”de día y con publicidad...”.

O 9 de abril léselle a sentenza ao acusado, entrégaselle copia e fáiselle saber que se eleva en consulta a sentenza á sala terceira do Tribunal Superior da Coruña, por se desexa nomear avogado e procurador. O condenado renuncia a ese dereito, polo que serán nomeados de oficio. A causa remitida ao Tribunal Superior consta de mil cento setenta e sete follas.



sábado, 7 de septiembre de 2019

No es la licantropía patrimonio exclusivo de los literatos


“-Pero no es la licantropía patrimonio exclusivo de los literatos; no, señores. Ellos no hicieron otra cosa que arrancar el tema de la realidad y trasplantarlo de la historia a la poesía. Si del mundo brillante y atractivo de las letras descendemos al más amargo y desolado de la crónica penal, no dejaremos de encontrar frecuentes huellas de la licantropía. Por no ofender la ilustración de la Sala con enumeraciones que le sonarían a repetición de lo ya sabido, me limitaré a señalar algunos casos registrados en la Edad Moderna y en la civilizada Europa: en 1574 juzga el Tribunal de Dôle al licántropo Gilles Garnier, cuya historia es la misma de Benito Freire. Entre 1598 y 1600 se produce una verdadera epidemia de licantropía en Saint Claude, región del Jura, y entre los inculpados figura, por cierto, una mujer. Hacia 1600 hay un licántropo en Westfalia, Carlos Billhens, de quien dice Martín del Río que confesó tener pacto con el demonio.  En el mismo año vemos a Jean Grenier en Burdeos; este desgraciado, que apenas contaba catorce años, se cubría con una piel de lobo para cometer sus desaguisados y luego, en la prisión, devoraba crudas las entrañas de los pescados y andaba a cuatro patas como una bestia. Otro proceso notable hubo en Bensançon contra Pierre Burgot y Michel Verdun; decían que se convertían en lobos y corrían por los montes con una ligereza increíble; luego volvían a ser hombres y otra vez lobos y así alternaban las dos naturalezas, ni más ni menos que como ha referido Benito Freire, y se ayuntaban con lobas con el mismo placer que si fueran mujeres; Burgot confesó haber matado a una muchacha con las patas y los dientes de lobo; y 

viernes, 6 de septiembre de 2019

Allariz (VIII): acusación e defensa


ACUSACIÓN DO FISCAL

O 8 de marzo de 1853 o fiscal presenta a súa acusación. Solicita pena de morte en garrote coas costas e gastos do xuízo, tendo presente o disposto no número primeiro e circunstancias primeira e cuarta do artigo 333, e na segunda parte do artigo 70 do Código Penal vixente.

A DEFENSA

O 11 de marzo de 1853 léselle a acusación fiscal ao condenado no xulgado de Allariz. Ao non nomear avogado nin procurador, ao día seguinte nomease de oficio como avogado a Mariano Garrán e como procurador a Manuel María García. Ao ser considerado pobre decídese sexa defendido no papel da súa clase ao non ter fondos para asumir os gastos de papel e demais gastos de defensa.

O 23 de marzo pídeselle a defensa que devolva a causa (máis de mil cen folios) ao xulgado. O avogado defensor pide máis tempo xa que considera que os nove días dos que dispuxo a documentación non foran suficientes para un caso tan complexo. Concédenselle catro días máis.

Será o 29 de marzo cando o avogado defensor, Mariano Garrán, presente o escrito de defensa. Irá facendo alegacións a todas as acusacións. En relación aos asasinatos conclúe que foron aumentando as acusacións en base a rumores, o que fixo que cada vez foise maior a lenda en relación ao seu acusado. Por outra parte o feito de que non apareceran os cadáveres considera que é proba suficiente para non poder inculpalo, podendo ser múltiples as posibilidades arredor da desaparición de todas esas persoas.

jueves, 5 de septiembre de 2019

Allariz (VII): os cargos


O 3 de febreiro de 1853 o xuíz remata as investigacións e dille os cargos a Manuel Blanco Romasanta:

1.       Acusado de matar con aleivosía e premeditación a Manuela García, a súa filla Petra e a María Rúa no monte da Redondela; a Benita García e ao seu fillo Francisco no Corgo do Boi; a José Pazos e a súa nai Josefa García, a Antonia Rúa e a súa filla Peregrina no bosque das Gorvias, todos lugares na Serra de San Mamede.

2.       Acusado de aproveitarse dos bens, roupas e cartos das vítimas.

3.       Acusado de valerse dun certificado falso para solicitar pasaporte cunha identidade falsa, Antón Gómez, e de ocultar o verdadeiro nome ante o alcalde de Nombela e ante o xuíz de Escalona.

4.       Acusado como sospeitoso de asasinar a Manuel Ferreiro, veciño de Xinzo da Costa, cando ían xuntos cara Portugal, e de volver despois a súa casa para beneficiarse da súa roupa.

5.       Acusado de intento de asasinar a María García, a Luís García e a Manuel Fernández, alias “Surtú”.

miércoles, 4 de septiembre de 2019

Allariz (VI)


O 10 de outubro o xuíz de Allariz solicita aos de Verín e Trives lle remitan os expedientes do caso.

O 28 de outubro o xuíz de Allariz solicita un informe sobre a situación mental de Romasanta a seis facultativos: José Lorenzo Suárez, Vicente María Feijóo, Demetrio Aldemira, Manuel María Cid e os cirurxiáns Manuel Bouzas e Manuel González. O informe será remitido o 26 de decembro dese 1852.

 O informe non axudou nada tecnicamente, aínda que si sería moi criticado posteriormente, ao trasladar o caso A Coruña, xa que se considerou moi subxectivo e nada científico.

Informe dos facultativos.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

Unha vez comprobado que o preso carece de bens e propiedades o xuíz de Allariz dispón que os gastos do proceso corran a cargo do fondo de presos pobres.

Este caso, só no proceso xudicial de Allariz,  supuxo uns gastos elevados, que ascenderon a 12.580 reais. Foi tanta a expectación do caso que por aqueles días pola vila de Allariz non deixaba de circular xente de todo tipo e de múltiples lugares. Foi tal a fama do caso que a partir de aí estendeuse o nome de “el hombre lobo de Allariz” para referirse a Manuel Blanco Romasanta, nome que aínda é o máis estendido nos nosos días, especialmente fóra de Galicia.

Múltiples serán os aspectos que se irán abordando ao longo do proceso xudicial, moitos deles xa desde o inicio:
·         os casos previos de Manuel Ferreiro e do alguacil de León
·         os encubridores
·         a procura das mulleres ou dos cadáveres
·         a procura das roupas e o diñeiro das desaparecidas
·         as cartas
·         os posibles cómplices, don Genaro e Antonio
·         o comercio de unto con Portugal
·         o ataque de lobos, ou lobishomes a persoas
·         o estado mental do reo

lunes, 2 de septiembre de 2019

Agullas para afeltrar

“Para ocupar o seu tempo pediu la grosa e roca de fiar, agullas para afeltrar, unha touca coa que cubrir a cabeza. Puxéronlle diante un rosario de doas de pau de rosa, sabendo a Oficialía do teimoso que era en rezar, pero el estendeu os dedos e nin o rozou, como se estivese feito coas espiñas. Escolleu a roca, como a nena do conto. A porta da súa cela estaba aberta para que saíse unha hora ao día, pero non o facía, molestábanlle o sol cru e a música das voces rebotando contra os muros. Anoxábano a xente, os ruídos, os cheiros.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 111

domingo, 1 de septiembre de 2019

Como animal e como ser humano

“En peores sitios teño durmido, abofé. Como animal e como ser humano. Pero non lembro ter xamais tal ataque de soidade como agora teño. Cando te afastan definitivamente, cando te arredan do resto do mundo e che impiden a volta. Esta burbulla de silencio e frío da que ninguén quere vir sacarte porque queren que esmorezas aí, que morras no esquecemento e na pena. E ti contas os teus anos e fas un calculo dos que quedan e de como mereces a morte. Esa gana de gabear polas propias veas en busca dunha pequenísima lembranza de quen te quixo nalgún tempo, se o houbo; a teta primeira, os brazos do pai, os xogos. Aí está Nela, metida nalgún lugar de min e que vén buscarme.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 100