"Eu sentei ao lado de mamá, mirando en dirección ao río. Da parte do Pico de Zas, á esquerda do Carpazal, sobre o azul do ceo debuxábase unha nube minúscula, quizais os restos do lume feito polos paisanos para queimar a maleza dalgunha bouza. O criado Anselmo contara na véspera que os veciños do lugar andaban á caza do lobo Toribio, que como todos os veráns se deixaba ver de cando en vez, apenas unha sombra temida no medio da noite, atravesando os bosques camiño dos prados."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 198.
No hay comentarios:
Publicar un comentario