"Ao primeiro valeuse de Susa, pero cando se decatou de que a criada os acompañaba a distancia e que baixaba con eles ata o Carpazal, pero que os deixaba subir aos dous sós ata a canteira de Zas, e que ela quedaba sentada no banco da Carballleira da Fonte, alegando que lle doía un calo ao andar, puxo a mamá a bordar unha mantelería que empezara o inverno anterior.
(...) Eu quería imaxinar a mamá como unha rapaza de dezaseis anos, intelixente e fermosa, vivindo durante moito tempo no paraíso daquela casa de Beiro, rodeada de xente que non pretendía outra cousa que facela feliz, desde a criada ata os seus pais."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 212.
No hay comentarios:
Publicar un comentario