"Ao revés, dábame a impresión de que, desde o día aquel que Arturo chamaba o día da sedución, cando nos coñeceramos na Coruña e foramos os dous xuntos ao Hotel Finisterre, ata a última vez que falara con el, na casa de Beiro, pouco antes de que Carlos e mais eu nos meteramos no coche para saír a dar un paseo, a quen eu realmente traizoara fora a Carlos."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 226-227.
No hay comentarios:
Publicar un comentario