"Pensaba que cando chegásemos á casa de Beiro, me apetecería entrar no cuarto do limoeiro e contemplalo na caixa, sen vida, talvez para convencerme a min mesma de que era certo, de que as horas que estaba vivindo desde a madrugada anterior, cando espertei sobresaltada con aquel ruído estralante e seco que non soubera identificar, non formaba parte daquel mundo de néboas no que agora habitaba, e no que as lembranzas de tantos veráns pasados xuntos, aquelas mañás gozosas almorzando na solaina, aquelas tertulias co criado Anselmo polas noites, aqueles xantares no Carpazal, mantiñan a Carlos vivo na memoria."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 219-220.
No hay comentarios:
Publicar un comentario