domingo, 30 de septiembre de 2018

Sós na biblioteca

"Logo vén o relato da conversa que Leopoldo tivo coa avoa Rafaela, metidos os dous sós na biblioteca, mentres fóra se escoitaba a voz de papá dicindo que as criadas empezaran a baixar coas cestas para o xantar no Carpazal. Hai logo cinco cartas, escritas tres anos despois, (...) pois recoñece que non lle vai ser fácil convivir con tía Mercedes, a unha invitación de mamá para pasar uns días en Beiro."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 236.

sábado, 29 de septiembre de 2018

Sen retórica

"Hai un pouco aínda, lin unha vez máis o paquete de cartas que me entregou a miña nai antes de regresar á cidade, o venres pasado. (...) Son quince cartas de Leopoldo, as tres primeiras escritas ao principio, cando el se foi de Beiro, , despois de que tía Mercedes os sorprendera bicándose no salón. Son cartas dun adolescente namorado, escritas cunha sinxeleza emocionante, sen retórica."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 235-236.

viernes, 28 de septiembre de 2018

Un cempés repugnante

"Cando me dixo isto último pensei por primeira vez no enterro do día seguinte e sentín, en primeiro lugar, que aquela palabra era fea como un cempés repugnante desprazándose pola fronte inmaculada de Carlos, e despois como se a viaxe que tiñamos que facer a Bóveda ao outro día pola mañá se convertese nunha tarefa odiosa, tan insoportable como subir ao alto dun monte escarpado co corazón desbocado e ameazando con rachar en mil cachos dentro do peito, dinamitado por un esforzo superior para o cal nunca estivera preparado."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 235.

jueves, 27 de septiembre de 2018

Saloucos suaves e silenciosos

"Cando chegamos á casa de Beiro, a primeira persoa á que atopei foi a Leopoldo, o pai de Carlos. Nada máis verme entrar no salón, abrazouse a min e empezou a chorar cuns saloucos suaves e silenciosos, mentres me pasaba a man pola cabeza, como se fose el quen quixese consolarme a min."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 234.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Longamente nos labios

"Conforme nos iamos achegando a Beiro, Carlos baixou a velocidade e ao chegar a Tralaira, parou debaixo dos castiñeiros do campo da festa, sen apagar o motor, e alí me bicou de novo longamente nos labios."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 227.

martes, 25 de septiembre de 2018

O día da sedución

"Ao revés, dábame a impresión de que, desde o día aquel que Arturo chamaba o día da sedución, cando nos coñeceramos na Coruña e foramos os dous xuntos ao Hotel Finisterre, ata a última vez que falara con el, na casa de Beiro, pouco antes de que Carlos e mais eu nos meteramos no coche para saír a dar un paseo, a quen eu realmente traizoara fora a Carlos."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 226-227.

lunes, 24 de septiembre de 2018

Arrepiada un niño de vermes

""Si, pero cando cheguei a Beiro para pasar aquel verán, nada máis baixar do coche de papá, olláchesme cunha cara de noxo que mesmo parecía que estabas mirando arrepiada un niño de vermes", dixo Carlos sorrindo, aínda envolto no aire radiante de felicidade que nos dominaba."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 224.

domingo, 23 de septiembre de 2018

Un ser horrible

"Respondinlle que si cos ollos e preguntoume se eu pensaba que el o fixera con Alexandra, aquel verán  que andaba tan triste, e que marchara con aquela rapaza á Fontemoura, onde os descubrira un amigo do criado Anselmo. Respondinlle que si. (...) "Víame como un monstro a min mesmo", dixo, e logo explicoume que aquel ano, pola primavera, unha mañá, na casa de Bóveda, ao erguerese e entrar no cuarto de baño, descubrírase no  espello como un ser horrible..."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 223.

sábado, 22 de septiembre de 2018

Aínda dentro de min

"Sentíame completamente feliz, igual que se todos aqueles veráns que pasaramos en Beiro se xuntasen repentinamente nun punto de alegría concentrada, nun instante, naquel momento de fulgor que estabamos vivindo, o mesmo que se durante todos aqueles anos esstivesemos acumulando minutos, horas e días de contento para facelos estralar naquel delirio dos sentidos que acababa de estourar dentro dos nosos corpos e que agora se deslizaba pola nosa pel  co aleteo dun sono que nos invitaba a seguir deitados un ao lado do outro, con Carlos aínda dentro de min, sen dicir nada."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 222.

viernes, 21 de septiembre de 2018

Na curva aquela

"...pouco máis tarde, ao chegarmos xuntos á casa de Beiro, despois de despedirse de min na porta do salón, dicíndome en voz baixa que era o home máis feliz do mundo, se metera no cuarto de baño e se pegara un tiro na cabeza. Eu aínda levaba o cheiro da súa pel nas miñas mans e no meu corpo, e aínda levaba nos oídos un eco afastado que me repetía aquelas palabras que Carlos me dixera alí, na curva aquela, ao pé das árbores que baixaban formando un bosque desde o alto de San Vitorio, cando me explicara cómo tía Mercedes sorprendera a mamá e a Leopoldo bicándose diante da ventá do salón que estaba ao lado do piano."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 220-221.

jueves, 20 de septiembre de 2018

Néboas

"Pensaba que cando chegásemos á casa de Beiro, me apetecería entrar no cuarto do limoeiro e contemplalo na caixa, sen vida, talvez para convencerme a min mesma de que era certo, de que as horas que estaba vivindo desde a madrugada anterior, cando espertei sobresaltada con aquel ruído estralante e seco que non soubera identificar, non formaba parte daquel mundo de néboas no que agora habitaba, e no que as lembranzas de tantos veráns pasados xuntos, aquelas mañás gozosas almorzando na solaina, aquelas tertulias co criado Anselmo polas noites, aqueles xantares no Carpazal, mantiñan a Carlos vivo na memoria."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 219-220.

miércoles, 19 de septiembre de 2018

Aquel anaquiño de pel

"O motor do coche de Arturo, camiño de volta, subindo de novo por aquela estrada que viñamos de percorrer, agora en dirección á casa de Beiro, soaba como unha serra que me pasaba polos dentes, e só sentía a cara suave e cálida de mamá apertada contra a miña, o único vínculo humano que naqueles momentos me permitía saber que aínda seguía no interior do coche, unida á realidade que me rodeaba a través de aquel anaquiño de pel, aquela especie de gasa que aliviaba a dolor da extensa ferida que se fora transformando o meu corpo."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 219.

martes, 18 de septiembre de 2018

A porta do coche

"Pensaba que ía perder o sentido e agarrábame á cintura de Arturo coas dúas mans, e facía esforzos para non vomitar, aínda que estaba segura de que se o fixese, acabaría sentindo un alivio que desexaba desde había tempo, mesmo desde cando abrira a porta do coche de Carlos de madrugada, no patio da casa de Beiro, e notara aquel cheiro a froita podre que me producira unha dolor intensa que se fora desprazando desde a entrada do nariz ata o medio do peito."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 218.

lunes, 17 de septiembre de 2018

O sol amarelo

"Cando chegamos á casa dos meus pais, na cidade, ao baixar do coche, Arturo pediume que entrase eu primeiro. Pasei por diante del, atravesei o portal en penumbra e dirixinme lentamente cara á porta do fondo, que estaba aberta de par en par, enmarcada polo sol amarelo que viña da horta."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 217.

domingo, 16 de septiembre de 2018

As miñas pálpebras, as miñas lágrimas

""Ao día seguinte pola mañá, a túa nai viu pola mesma ventá como o meu pai marchaba da casa, coa maleta na man, cara ao auto que agardaba por el no campo do Cruceiro", díxome Carlos, mentres acariciaba a miña cara e tocaba as miñas pálpebras, como se non quixese ver as miñas lágrimas."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 216.

sábado, 15 de septiembre de 2018

Furtivamente durante uns segundos

"Cada vez que a avoa Rafaela lle dicía a mamá que invitase a Indalecio a dar un paseo pola horta, que o levase a amosarlle o Carpazal, mamá facía un xesto de desgana ou de resignación, e seguía na súa tarefa de bordar, disposta a non moverse daquel sitio, escoitando os pasos de Leopoldo paseando pola horta, erguendo de cando en vez os ollos para velo furtivamente durante uns segundo..."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 213.

viernes, 14 de septiembre de 2018

Sós ata a canteira

"Ao primeiro valeuse de Susa, pero cando se decatou de que a criada os acompañaba a distancia e que baixaba con eles ata o Carpazal, pero que os deixaba subir aos dous sós ata a canteira de Zas, e que ela quedaba sentada no banco da Carballleira da Fonte, alegando que lle doía un calo ao andar, puxo a mamá a bordar unha mantelería que empezara o inverno anterior.

  (...) Eu quería imaxinar a mamá como unha rapaza de dezaseis anos, intelixente e fermosa, vivindo durante moito tempo no paraíso daquela casa de Beiro, rodeada de xente que non pretendía outra cousa que facela feliz, desde a criada ata os seus pais."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 212.

jueves, 13 de septiembre de 2018

Eu non sabía nada

"Como se estivese durmindo aínda, sentín a voz de Carlos ao meu lado, agora dentro do seu coche. (...) De pronto oín que me preguntaba: "¿Ti sabes que aquel verán, despois de que a túa nai invitase o meu pai ir paseando ata o Carpazal, empezaron a saír sós todos os días, e que a túa avoa Rafaela fixo todo o posible por separalos?" Eu non sabía nada..."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 211.

miércoles, 12 de septiembre de 2018

A calor do día nas pernas

"Así ata o día en que Carlos aproveitou a alegría que se notaba na casa porque tía Mercedes e papá estaban encantados pola visita de don Pedro Barrantes, o cóengo maxistral, que subira desde a cidade para pasar un par de días na nosa casa. (...) Unha vez que xa estabamos montados na moto, Carlos díxome: "Periquita, prepárate para unha grande aventura". Despois pegou un acelerón, fixo unha serie de eses no medio e medio da estrada e saímos correndo en dirección á cidade. Eu notaba a calor do día nas pernas..."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 204.

martes, 11 de septiembre de 2018

Ademais é coxo

"Cando chegamos, agardaban por nós para cear. Carlos entrou dicindo que nos retrasaramos un pouco porque viramos o cura do Castro balilando un pasodobre na festa do San Vitorio, cousa que non era certa, pero que serviu para que mamá se botase a rir e ninguén nos dixese nada. Papá tamén riu e dixo; "O cura do Castro non sabe bailar, herexe. Ademais é coxo"."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 204.

lunes, 10 de septiembre de 2018

Daquel mes de xullo

"Mamá seguía mirando cara ao río, coa cabeza lixeiramente erguida, sen moverse. "Deberon ser uns días moi fermosos", engadiu Carlos.

  (...) A volta que demos foi moi curta, non máis de vinte minutos en dirección á Caveanca. Iso mesmo fixemos os días que seguiron, tarde tras tarde, durante toda a primeria semana daquel mes de xullo."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 203.

domingo, 9 de septiembre de 2018

Por non variar

"De mozo viña con frecuencia por Beiro.

  Uns minutos máis tarde, cando papá dixo que se retiraba a durmir e tía Mercedes se ergueu tamén para ir á cama, mamá seguiu sentada. Acendeu un cigarro, dando a entender que non tiña présa, e preguntoulle a Carlos cómo quedaban na casa de Bóveda. "Mamá, un pouco pocha, por non variar. Papá feito un rapaz". 

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 202.

sábado, 8 de septiembre de 2018

Un cura desvergonzado

"Papá dicía que fora unha muller excepcional, chea de raza,  capaz de facer fronte ela soa a un rexemento de cabalería, e tía Mercedes, que ata entón estivera tamén en silencio, acababa de entrar na tertulia para recordar que aquela muller botara de Beiro a un cura desvergonzado."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 201-202.

viernes, 7 de septiembre de 2018

Agárrate forte

""Periquita, agárrate forte que desta vez xa non damos volta. Vamos a Grecia". Agarreime, pasamos por diante do Cruceiro e collemos a curva da estrada que leva a Caveanca. Ao mirar para atrás, xa me decatei de que mamá non podía vernos. Entón púxenme un pouco nerviosa."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 201.

jueves, 6 de septiembre de 2018

Un avión

"Tía Mercedes comentou entón que atopaba a Carlos moi tranquilo: "Chico, mesmo parece que che meteran a alma en formol". Carlos respondeulle que non se fiase, que aínda quedaba moito verán por diante e que igual se decidía a construír un avión, que el non ía consentir de ningunha maneira que Beiro se convertese xamais nun lugar aburrido. Eu mirei para el."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 199.

miércoles, 5 de septiembre de 2018

Xesús, María e Xosé

"Carlos colleulle unha man, deulle un bico e anuncioulle: "Delfina, vaite preparando, que un día destes voute levar na moto á ermida de Santa Baia para que lle acendas unha vela á túa santa preferida". Delfina tapou a cara coas mans, como se sentise vergonza, e dixo: "ai, Xesús, María e Xosé, este home perdeu a cabeza. ¡Mira o que lle foi ocorrer!"

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 198.

martes, 4 de septiembre de 2018

Unha sombra temida

"Eu sentei ao lado de mamá, mirando en dirección ao río. Da parte do Pico de Zas, á esquerda do Carpazal, sobre o azul do ceo debuxábase unha nube minúscula, quizais os restos do lume feito polos paisanos para queimar a maleza dalgunha bouza. O criado Anselmo contara na véspera que os veciños do lugar andaban á caza do lobo Toribio, que como todos os veráns se deixaba ver de cando en vez, apenas unha sombra temida no medio da noite, atravesando os bosques camiño dos prados."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 198.

lunes, 3 de septiembre de 2018

Como sempre

"Nada máis sentar, bebeu un vaso de zume de amoras e dirixiuse a Leopoldo para preguntarlle se despois do almorzo quería dar un paseo con el ata o estanque do Carpazal. (...)

  Acordeime do verán de 1961, cando Carlos cumprira os vinte anos e viñera a Beiro a principios de xullo, para pasar o verán con nós, como sempre. Estaba vendo o día que chegou."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 195.

domingo, 2 de septiembre de 2018

Sós

"Logo seguiume contando que a miña nai, naqueles días que o meu pai pasara en Beiro polas festas do Carme do ano 1932, ao principio evitaba falar con el, desaparecía discretamente cando quedaban os dous sós e non erguía nunca os ollos do prato durante a cea ou o xantar."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 195.

sábado, 1 de septiembre de 2018

Nas festas do Carme

"Confesoume que había dous anos, unha noite tivera unha longa conversa co seu pai na casa de Bóveda, animados os dous polo whisky que estaban tomando na biblioteca, naquel ambiente cálido, de color vermella, que Leopoldo fora creando de xeito inconsciente a través da encadernación coidadosa dos seus libros máis queridos. Contoulle que coñecera a miña nai na casa de Beiro, nas festas do Carme do ano 1931. El tiña dezaoito anos e ela dezaseis."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 193-194.