"El e Mariana pasaran aquela mesma mañá na horta. Baixaran ata o río coa intención de dar un paseo na barca, pero ó final pensaron que era tarde e decidiron volver ata o merendeiro. (...)
Pola tarde, Mariana botouse a descansar na hamaca que lle colocaran no balcón. A temperatura era máis espesa que pola mañá, sen o alivio da brisa que antes de comer baixaba do monte, e por detrás do Pico do Mediodía víase unha luminaria encarnada no ceo que anunciaba a calor do día seguinte."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 122-123.
No hay comentarios:
Publicar un comentario