domingo, 18 de febrero de 2018

Un par de vidros encarnados

"Ela non recordaba máis detalles daquela tarde fría que pasaron en Sabucedo, a non ser que se sentía triste e que no camiño de volta foi calada todo o tempo e que el tampouco falaba. (...) O caso é que aquela tarde, ó volver á cidade, ela pediulle que a levase á casa. Como aínda era cedo, el iniciou unha frase de protesta, pero quedou coas palabras a medio dicir cando viu os ollos que tiña diante, un par de vidros encarnados que o miraban con furia e lle enchían a cara de vergonza."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 124-125.

No hay comentarios:

Publicar un comentario