"Soamente os ruídos que chegan da rúa o poden sacar por uns instantes dese apretado círculo que o rodea. Hai uns minutos foi a voz cortante do administrador falando diante da casa; antes aínda, os berros que se produciron cando se escoitou a sirena dunha ambulancia no momento en que chegaba ó Hospital cos accidentados no suceso ocorrido nunha droguería do barrio da Ponte esta mañá. Cando se producen eses ruídos, abre os ollos con expresión de asombro e pon o corpo cunha tensión que de novo a sitúa no mundo."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 115.
No hay comentarios:
Publicar un comentario