viernes, 23 de febrero de 2018

Hai máis de dez minutos que está sentado no sillón azul

"Hai máis de dez minutos que está sentado no sillón azul, sostendo na man dereita a folla amarela que a súa muller non lle entregou o outro día, cando aínda se atopaba na cama. Leuna xa varias veces, sempre co mesmo xesto ríxido, coas mandíbulas apretadas e o corpo encollido, como se sentise frío. É un papel escrito a máquina, encabezado por un debuxo borroso que representa a cara dun home sorrindo e o canón dun fusil. Nel fálase do asalto ó curatel de San Francisco e de como os individuos que participaron nel se viron envoltos casualmente no suceso."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 143.

No hay comentarios:

Publicar un comentario