"Sen embargo, por ese home que ten aí diante, a poucos metros da ventá desde a cal o está observando, ela soubo que levaba dentro de si mesma sentimentos poderosos como os que aniñaban nos corazóns dos deuses. Bastou que el lle dixera un día, paseando á beira do Miño, pouco despois da volta de Berlín, que pasase o que pasase entre eles os dous, Mariana sería tamén un recordo imborrable na vida del, para que ela empezase a experimentar un conxunto de sensacións enguedelladas, mesmo como se no medio e medio do peito lle nacera un niño de cobras."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 140.
No hay comentarios:
Publicar un comentario