jueves, 15 de febrero de 2018

Carnosidade vermella e firme

"Que a febre ou o malestar o illaban do mundo de arredor desta maneira que fai pensar nun home acurralado, comprobouno ela por primeira vez unha tarde fría dun inverno con moita neve, hai anos, cando foron á casa de Sabucedo para pasaren unhas horas sós, aproveitando que o administrador andaba de caza. Ela ía contenta, coa felicidade trotando no lugar do corazón, deseñando o debuxo alegre dun soño que estaba segura que se acabaría realizando uns minutos despois. (...) Miraba para el e toda a atención se concentraba naqueles labios que pronunciaban palabras que ela non podía comprender porque estaba pensando noutra cousa. Tiña nos ollos a imaxe dunha carnosidade vermella e firme, de sandía, que turraba dela e a levaba a achegarse  máis a el e sentir como os corpos se tocaban e se estremecían. (...)

  Chegaron a Sabucedo mollados pola chuvia, unha batigada fría que lles caeu por riba coa mesma forza e intensidade que se lles botasen caldeiros de auga pola cabeza abaixo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 116.

No hay comentarios:

Publicar un comentario