"Só nunha ocasión o viu liberado daquela contradicción, aquel día en Sabucedo, a última vez que estiveron xuntos, cando na horta lle contou a conversa que acababa de ter con Mariana. Ela tivo a evidencia de que por primeira vez desde que o coñecía, entre os ollos e a boca non había distorsión algunha: a mirada era doce e tranquila e os labios non tiñan a finura apretada de antes, como se nuns poucos minutos engordaran e adquiriran unha cor intensa e vermella, case radiante. (...)
A primeira vez que o viu despois daquela conversa sobre Mariana foi na terraza do Café Moderno, durante o verán."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 137-138.
No hay comentarios:
Publicar un comentario