"Pediulle que lle aclarara se fora Chinto Varela quen a axudara a atravesar o río o día do incendio da casa ou fora Paco, o sancristán, pois tiña as ideas confusas ó respecto. Cando o pai lle dixo que fora o primeiro, que a atopara perdida e chorando no campo de Barreiros, sen que ninguén se puidera explicar como chegara ata alí..."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 150.