Portada da 1ª edición, ano 1934 |
"17. RABINDRANATH TAGORE
Eu fun un gran admirador do gran poeta indio
Rabindranath Tagore. Cando lle derono Premio Nobel, eu falei del nunha
conferencia feita no Ateneo de Madrid. Aquela conferencia, con gran chea de
datos sobre o poeta, a súa castimonia e a secta relixiosa a que pertence (a Brahmo Samaj), publicouse nunha revista escura, chamada La Palabra, que publicaba un señor taquígrafo do Congreso,
unha desas revistas raras que non se sabe onde se atopan nin quen as le.
Agás de estar conforme con moitos dos
pensamentos do poeta e pensador Rabindranath Tagore, este representaba para min
daquela o triunfo do espírito oriental no seo do Occidente, e os espírito
oriental representaba para min o oposto per
diametrum á civilización mecánica e maquinista e ao espírito racionalista e
materialista que as move. Hoxe, as circunstancias, en min e mais no mundo,
teñen cambiado moito; por unha banda, eu teño descuberto, no Occidente mesmo,
as pegadas dun espírito que se pode opor, dentro do noso concepto da cultura,
ao espírito racionalista e mecano-materialista; por outra banda, na India
mesma, apareceu quen moito mellor do que Rabindranath Tagore, representa a alma
enxebre daquela terra, o espírito oriental, e que ademais oponse dun xeito
nidio, específico –e patente, teórica e practicamente-, á civilización
occidental, e precisamente nos seus aspectos máis odiosos: o Mahatma Gandhi.
Ademais, Rabindranath Tagore chegou a nos aparecer coma un contemporizador co
occidentalismo mecánico, e ademais, coma un deses universalistas vagos, da
escola do gran cursi do Romain Rolland, con ideoloxía de Hotel Metropol. E así,
non pode ser.
Mais o conto é que eu fun outrora tan
admirador de Rabindranath Tagore, que en Madrid, tódolos meus amigos daquel
tempo, chamábanme Tagore, e aínda os había pouco enteirados desas cousas, que
coidaban que eu efectivamente me chamaba así."
1934:
Risco, Vicente. Mitteleuropa.
Ed. Galaxia, Vigo, 1984. 2ª edición.
(1ª edición do ano 1934, Editorial Nós) páxs. 169-173
Publicado
orixinariamente na revista “NóS” en: “Rabindranath
Tagore” en Nós (Boletín mensual de cultura galega) nº104, año XIV,tomo
9º, Ourense 15 de agosto de 1932, p. 146-148.
No hay comentarios:
Publicar un comentario