miércoles, 31 de agosto de 2016

Cultura e Natura


O 11 de xaneiro de 1925, Vicente Risco publica no diario vigués “Galicia”, en norma ortográfica reintegrada, o artigo titulado “Cultura e Natura”.  



Na primeira conferencia das que compoñen o seu libro "Sadhana (The realisation of life)", o gran poeta e pensador indo Rabindranath Tagore ten un geito moi inteligente de caraiterizal-a civilización ocidental, seja europeia, ou euramericana, n-estas verbas: "O Oeste parece acharse soberbio de pensar qu' está subjugando á Natureza, coma s'estiveramos vivindo n-un mundo nemigo, onde tiveramos qu'arrincal-o que precisamos d'un estrano e mal disposto arranjo das cousas. Iste sentimento é o produto dos muros das cidades, hábito e educación da mente. Porque na vida da cidade, o home, naturalmente, dirige a luz concentrada da súa visión mental sobr'a sua propria vida e obras, e isto crea unha artificial disociación antr'il e a Natureza universal no seio da que vive".


É certo. A Europa concibe a civilización com'o trunfo do home sobr'a Natureza. Os filósofos ten estabelecido, e agora no noso tempo vólvese repetir d'abondo, a oposición: "Cultura-Natura". A filosofía foi de cote, na Europa, antropocéntrica, mais iste antropocentrismo, iste humanismo absoluto na conceición do mundo, do pensamento e da vida, acentuouna sobre todo a filosofía racionalista post-kantiana. E agora din que volve, hoje, ao dia seguinte de a cencia positiva ter mostrado ben a dependenza na que o home, ser como outros seres parte da Natureza, achase respeito da Natureza qu'o arrodeia, e qu'il mesmo leva adentro de si... Mais il arredase, alá na sua ideia da Natureza, érguese idealmente por riba d'ela e estabelece a dualidade do seu eu coma potenza, por frente o mundo d'afora, a Natureza, que considera apenas com'unha resistenza que s'opón á sua aición."


Galicia, 11 de xaneiro de 1925.

-Risco, Vicente. “Cultura e Natura”, no diario vigués “Galicia” (11/1/1925)  Extraído do blog de David Paz Nóvoa http://madialevo.blogspot.com.es/2008/04/cultura-e-natureza.html   Consultado: 20/3/2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario