-sobre Rabindranath Tagore: Atópase dende maio de 2014 na
Casa da India de Valladolid (C/ Puente Colgante, 13), en réxime de “cesión
permanente”. Considerada a mellor biblioteca privada do mundo sobre Tagore
consta duns 35.000 volúmenes con libros seus, sobre a súa figura, dos seus
colaboradores, traductores e admiradores, en múltiples linguas, incluído o esperanto. Inclúe
películas, documentos,
insignias do país, fotografías, pinturas e música tradicional, entre a que
destacan múltiples cd´s de Robindro Songuit, a máis importante intérprete das
cantigas de Tagore, algúns deles asinados.
Entre
as xoias bibliográficas destacan unha primera edición inglesa do 'Gitanjali' (London:
India Society, 1912) , un exemplar del 'Chitralipi', que recolle pinturas
de Tagore, e co 'Libro de Oro', unha edición limitada e numerada con tan so 500
exemplares, ademais de numerosas primeiras edicións en bengalí e nas principais
linguas europeas. Iníciaa no ano 1964: a
súa moza
Ana, quen logo se converterá na súa muller, regálalle os seus primeiros libros
de Tagore: “Gora” e despois “O naufraxio”.
A maior parte dos libros comproullos ao Clemente,
que tiña unha libraría na Rúa do Progreso. Nos últimos anos internet é a súa
fonte principal de adquisición. Ten moitas primeiras edicións e conta con
libros en todos os idiomas.
A biblioteca
almacenouse durante anos en varios baixos comerciais das Galerías Roma, no
centro de Ourense, alugados por Paz. A maioría dos libros permanecían metidos
en caixas, existindo dous locais nos que estaban ben colocados e podíanse
consultar.
Entrado o século XXI o goberno galego fixolle unha
oferta por 35 millóns de pesetas, para
levala á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, pero el quería que ficase
en Ourense. No ano 2010 negocia novamente coa Xunta para que vaia para a Cidade
da Cultura en Compostela: cedíaa gratuitamente cunha serie de condicións que
incluían o fomento de estudos da obra tagoreana, pretendendo que fose unha
biblioteca activa e non se convertese nun simple almacén de libros. Non se
concretou o acordo.
Como diciamos o seu desexo foi sempre que permanecese
en Ourense, habilitando un edificio en condicións onde podería compartir espazo
coas bibliotecas persoais de Eduardo Blanco Amor, Ben-Cho-Shei e outras
personalidades destacadas da cultura ourensá. Tamén propuña a creación dunha
Casa de Bengala, cun Centro Tagore, que permitise ser a Ourense un punto de
referencia no estudo da cultura india en España e en toda Europa.
No ano 2008 estivo a piques de trasladarse á
Universidade Visva Bharati, fundada por Tagore en Santiniketon, pero finalmente
non se concretou.
O 3 de maio de 2014 José Paz cede definitivamente a súa Biblioteca
sobre Tagore á Casa da India de
Valladolid, unha cesión permanente que en caso de que desaparecese esta
institución serían trasladados á India.
Quedará na historia desta cidade como unha das
grandes perdas culturais, que terían enlazado a cultura galega e a obra do
bengalí Rabindranath Tagore, nunha cidade que sempre xogou un papel destacado
na difusión da obra do máis importante poeta indio.
-sobre cinema,
probablemente a máis completas de Galicia, con coleccións enteiras de libros e
revistas galegas, españolas e de outros idiomas. Tamén numerosos vídeos de
dvd´s de cine clásico de infinidade de directores.
-sobre cultura galega e lusófona:
con coleccións completas, por exemplo, de Revistas como “Nós” ou “A Nosa Terra”
e outras facsimilares.
-sobe pedagoxía e educación:
a súa especialidade e profesión, incluíndo verdaderas xoais como as coleccións
completas da editorial arxentina Kapelusz.
-sobre temas ourensanos:
sobre múltiples aspectos: artísticos, históricos, naturais, etnográficos,
monumentais e humanos, con moitos libros sobre os autores máis importantes da
cidade.
Vídeo: -Banerjee, Nilanjan. The library of Jose Paz.
5m 30sg. 2014. Publicado en Youtube o 21 de outubro
de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario