lunes, 1 de septiembre de 2014

A máis xirifeira

"Agora, nas entroidadas que estaba a argallar diante do espello, víase que era a máis xirifeira e lanzal de todas as rapazas do burgo xuntas, señoritas, artesáns... aínda as de máis aparencia no ser da estatura e no macizo das carnes. Dun tempo a esta parte fóranselle poñendo os peitos bicudos, rexos, apuntando como cornos, aparentando máis edade que os dezaseis que tiña. Xa de catorce se lle notaban moito, que disque o Pega, que era un sinvergoña, quíxolle ir ás  apalpadeiras no escuro do calexón de San Pedro, e guindárao dun arrempuxón, que decote foi moi destemida."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 129, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario