"Logo de arrodear o quintal de dona Calrota, apareceu o segundo can, e despois o terceiro; e de contado, saíndo do río, até nove ou dez, de moi cativos a moi disformes, ouveando todos polo baixo, rosmando, como cantando;
e mirei pra atrás e de moi lonxe víase vir a xente; e xa perto da Ponte Vella, máis xente pola outra banda; qué pasaría, como si me quixeran coller no meio."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 155, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario