"Boteime a correr i entrei na estrada da Ponte, cos seus rexos paramentos de pedra, e boteime a alandillar pra chegar á cima e guindalo dende alí á fondura de cen cordas;
e pouco máis abaixo o cachón das aceñas, frente ao Santiago das Caldas, onde moitas veces os afogados, que aboiaban aos tres días, íanse rochar nas voltas dos rodicios.
Que xa estaba chegando, e os cans somellaban iren medrando canto máis se apartaban, que se ían vendo máis grandes, máis grandes, e varríaseme o sentido e púxenme a trousar sin deixar de correr, e a correr e a trousar...
E apreceu a Tula no meio, ocupando a Ponte de banda a banda, máis grande que un cabalo grande, arregañados pra min os dentes, máis grandes que os dun cabalo grande, cos ollos de cabalo, aínda sendo os ollos da nai, que eu decatábame todo o tempo seren os ollos de miña nai."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 155, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario