"Saíron todos disparados uns pola porta, outros polas fiestras que daban ao patio de recreios.
Algúns saímos co Suso, que foi lavar o nariz, que aínda lle pingaba, na fonte das Mercedes. Era cousa de pouco e pasoulle axiña.
Agora anda todo corrido na cidade, e os da Juventud Socialista vanlle acantazar o Colexio."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 169, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario