lunes, 22 de septiembre de 2014

Cuando a mis solas contemplo su corazón con su inteligencia...

No ano 1964, coincidindo co bicentenario da morte do Padre Feijóo, o "Patronato do Bicentenario" convocou un certame de traballos sobre a figura do Padre Maestro. O gañador foi Don Ramón Otero Pedrayo, cun extenso estudo sobre a súa vida, doctrina e influencias. Presentou o seu traballo co lema: "Cuando a mis solas contemplo su corazón con su inteligencia..."

Fallo do certame de 1964
 O enciclopédico traballo foi publicado polo Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo" en 1972.
Tomaremos de referencia este libro para moitos das vindeiras entradas neste blog.


"As homenaxes e o recoñecemento sucédense a partir dos anos sesenta. En abril de 1962 o xurado acorda concederlle as 300.000 pesetas coas que estaba dotado o prestixioso Premio Galicia da Fundación March, ao que tamén aspiraba Vicente Risco. Ao ano seguinte Otero Pedrayo recibe ilusionado o primeiro galardón da Deputación Provincial de Ourense polo enciclopédico traballo El padre Feijoo. Su vida, doctrinas e influencias, dentro dos actos de conmemoración do centenario do frade ilustrado."
                                                        http://fundacionoteropedrayo.org/os-ultimos-anos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario