domingo, 14 de septiembre de 2014

Xa me entendes...

"Os domingos de chuvia van ao Café Rexional, que é onde van os traballadores, que nunca se tiña visto cousa somellante, unha muller decente xogando ao dominó aínda que fose co seu home. Pois como sabes ao Café Rexional van as, xa me entendes... pro somentes algunhas donas das casas do trato pra o señorío, a Zorrita, a Charito, a Caridade, e van cunha pupila das máis novas que lles fai de doncela; e aínda eisí van e veñen no coche de aluguer do Barrigas, pois si as ven de día pola rúa, xa non sería a primeira vez que se meten con elas.

(...) E non é só custión "de principios", como di o meu pai, sinón que, polo visto, como di o Arnaldo, o dono, as mulleres da vida que van ao Rexional, cando están alí, proceden nos modales como donas do señorío..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 163-164, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario